lunes, 21 de marzo de 2011

ATLETISMO EN PISTA

O vindeiro domingo 27 comeza a competición de Atletismo en Pista en idade Escolar dentro do programa XOGADE. Estas probas clasificatorias están abertas as categorías benxamin, alevín, infantil e cadete.

As probas clasificatorias e provincial celebrarase no Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo, sendo aconsellable o uso de zapatillas de cravos, sen que estes sobrepasen os 6 mm de lonxitude, quedando exentos desta norma os participantes nas probas de marcha e lanzamento de peso/disco e martelo.

As probas a celebrar son:
•27 de marzo de 2.011 – 1ª Xornada Clasificatoria.
•2 de abril de 2.011 – Campionato Provincial Probas Combinadas.
•10 de abril de 2.011 – 2ª Xornada Clasificatoria.
•1 de maio de 2.011 – Campionato Provincial.
•21 de maio de 2.011 – Campionato Galego Individual e Probas Combinadas (Ourense).

REGULAMENTO
HORARIO

No hay comentarios: