miércoles, 30 de marzo de 2011

PRIMEIRA CLASIFICATORIA ATLETISMO EN PISTA

O DOMINGO 27 CELEBROUSE A PRIMEIRA CLASIFICATORIA NAS PISTAS GREGORIO PÉREZ RIVERA DE LUGO. A PESARES DO CHUVIOSO DÍA HOUBO UNHA BOA PARTICIPACIÓN.
A PRÓXIMA PROBA TERÁ LUGAR O VINDEIRO 10 DE ABRIL, DE ÁMBALAS DÚAS SAIRÁN OS ATLETAS CLASIFICADOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL QUE SE CELEBRARÁ O 1 DE MAIO.
ASÍ MESMO ESTE SÁBADO DIA 2 OS ATLETAS PODERÁN PARTICIPAR NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE PROBAS COMBINADAS QUE DARÁ COMEZO ÁS 16:30 H.

RESULTADOS

lunes, 21 de marzo de 2011

ATLETISMO EN PISTA

O vindeiro domingo 27 comeza a competición de Atletismo en Pista en idade Escolar dentro do programa XOGADE. Estas probas clasificatorias están abertas as categorías benxamin, alevín, infantil e cadete.

As probas clasificatorias e provincial celebrarase no Estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo, sendo aconsellable o uso de zapatillas de cravos, sen que estes sobrepasen os 6 mm de lonxitude, quedando exentos desta norma os participantes nas probas de marcha e lanzamento de peso/disco e martelo.

As probas a celebrar son:
•27 de marzo de 2.011 – 1ª Xornada Clasificatoria.
•2 de abril de 2.011 – Campionato Provincial Probas Combinadas.
•10 de abril de 2.011 – 2ª Xornada Clasificatoria.
•1 de maio de 2.011 – Campionato Provincial.
•21 de maio de 2.011 – Campionato Galego Individual e Probas Combinadas (Ourense).

REGULAMENTO
HORARIO