martes, 22 de febrero de 2011


O pasado domingo celebrouse en Vilalba o Campionato Provincial de Campo a Través, a pesares das moi malas condicións metereolóxicas neste campionato participaron máis de 500 rapaces e rapaces de toda a provincia. Os 3 primeiros equipos das categorías alevín, infantil e cadete, así como os 8 primeiros clasificados individuais participarán no Campionato Galego en Ourense o vindeiro 20 de marzo.

RESULTADOS

jueves, 10 de febrero de 2011

CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS

O vindeiro Domingo día 20 de Febreiro celebrarase en Vilalba o Campionato Provincial de Campo a Través. Nestra proba participarán os 3 mellores equipos, así como os 8 primeiros clasificados en cada unha das diferentes zonas da provincia de Lugo. As inscripcións deberán remitirse antes do día 17 ao Servizo Provincial de Deportes a través da dirección de correo: deporte.escolar.lugo@gmail.com

PLANO CIRCUÍTO E HORARIOS

NORMATIVA

FICHA DE INSCRIPCIÓN